Os nenos e nenas de Bóveda xa poden inscribirse nas actividades de Nadal

RibeiraSacraXa
As actividades terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro no Centro Sociocultural
boveda-nadal
11 Dec 2024

O Concello de Bóveda ten aberto o prazo para inscribirse nas actividades de Nadal, que forman parte do programa Corresponsables e que se levarán a cabo os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro no Centro Sociocultural.

Haberá obradoiros de retratos, lettering, manualidades, decoración, xogos e audiovisuais, todos eles dirixidas á cativada de entre 4 e 14 anos.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, e o prazo de inscrición estará aberto ata este venres, 13 de decembro, tendo os nenos e nenas empadroados no Concello e aqueles que formen parte do programa de conciliación familiar.

⚙ Configurar cookies
0.68825006484985