Os nenos e nenas de Bóveda contarán cun servizo de ocioteca gratuíto
RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas de Bóveda poderán gozar dun servizo de ocioteca este curso 2023-2024 grazas á iniciativa do Concello, que pon en marcha este servizo de maneira completamente gratuíta.
8 Out 2023
Os nenos e nenas de Bóveda poderán gozar dun servizo de ocioteca este curso 2023-2024 grazas á iniciativa do Concello, que pon en marcha este servizo de maneira completamente gratuíta.
O horario da ocioteca será de 16.30 a 18.30 horas os luns, mércores e venres no centro sociocultural. As inscricións xa se atopan abertas, polo que as familias interesadas na proposta poden achegarse ao Concello para formalizala.