Este venres, o alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou o Día da Paz cunha actividade titulada “A Paz está nas túas mans”. Os estudantes de 5º e 6º curso representaron un conto na biblioteca do centro utilizando marionetas que eles mesmos crearan na clase de Proxecto Competencial.
Tras a representación, todo o alumnado reflexionou sobre a importancia da palabra para acadar a paz e elaborou unha Pomba da Paz, na que plasmaron as súas mans en cartolinas decoradas con mensaxes. As mans de todos formaron as plumas da pomba.
Na materia de Educación Plástica e Visual, tamén realizaron traballos relacionados con esta xornada. Ademais, o alumnado do PAI participou nas actividades do Día da Paz en Bóveda.