Os nenos de Quiroga teñen este xoves unha cita con Papá Noel
Papá Noel deixará o Polo Norte para achegarse ata Quiroga o vindeiro xoves día 23 co fin de visitar aos nenos e nenas do Concello. Estas datas son moi especiais para os máis cativos, por iso este tipo de actividades pretenden devolver a ilusión aos nenos e que a situación sanitaria que se está a vivir non afecte a maxia do Nadal.
A casa consistorial acollerá a Santa Claus dende ás 11.15 horas da mañá. Fará a entrega dos agasallos a aqueles nenos que resultaron gañadores do concurso de Postais de Nadal e, ás 11.30 dirixirase pola rúa Real ata a praza España onde todos os nenos e nenas poderán entregarlle as súas cartas coas súas peticións e desexos.
Papa Noel encargarase de levar as cartas para que os seus axudantes elfos carguen o trineo cos agasallos dos veciños quirogueses para que non falte ningún na noite de Noiteboa cando visite de novo o Concello para deixar os regalos.