Os nenos de Folgoso do Courel recibirán este mércores 5 a visita dos Reis Magos de Oriente
Ao longo de todo o días os Reis Magos irán percorrendo as diferentes aldeas para facer unha visita a cada neno que forma parte do Concello. O percorrido dará comezo ás 10.30 horas polos lugares máis afastados co fin de chegar a tódalas casas.
Os Reis recordan que para recibilos será preciso facelo con máscara co obxectivo de garantir a seguridade ante a situación sanitaria que se está a vivir.
O recente aumento de casos obriga a tomar medidas e protocolos de actuación nas visitas dos Reis Magos, por iso, nesta ocasión as Maxestades de Oriente percorrerán tódalas aldeas para manter a ilusión e a maxia propias destas datas sen xerar aglomeracións de xente ao realizar unha única parada.
Este tipo de actuacións e medidas de seguridade incentivan un freo nos contaxios e a máxima seguridade para garantir a saúde dos veciños.