Os nenos de Castro de Ferreira xa poden desfrutar dun novo parque infantil

RibeiraSacraXa
Castro de Ferreira cuenta con un nuevo parque infantil para ofrecer a los niños de Pantón y alrededores un nuevo espacio de juego.
parque infantil castro ferreira
5 Xan 2022

A parroquia de Castro de Ferreira estrea novo parque infantil, este permitirá que os nenos do concello de Pantón poidan desfrutar do seu tempo de lecer nun espazo seguro e divertido.

O investimento para a construción do parque foron 120.000 euros. A metade a través do GDR Ribeira Sacra-Courel mentres que a outra metade foi unha achega municipal. As novas instalacións posúen un peche de pedra e distintos xogos entre os que se encontran randeeiras, tobogáns, columpios ou tirolesa.

Este novo parque infantil súmase aos que concello xa ten en Goián, Gallegos, Toiriz, Tribás, Fontao, A Torre ou Pombeiro. Multiplicando así as posibilidades dos nenos de pasalo ben ao aire libre e socializar con outros nenos.

Os pequenos precisan correr, xogar e moverse conectando con outros nenos, desfrutando do aire libre e descubrindo o mundo que os rodea. Ir ao parque aumenta a creatividade, afastándose das limitación do fogar, promove a imaxinación dos nenos, supón unha mellora na saúde do rapaz que ao estar máis activo manterase en boas condicións físicas, axuda a queimar calorías e potencia a absorción de vitamina D procedente do sol. Un dos aspectos máis importantes é a mellora nas habilidades sociais ao interactuar con outros nenos, outorgándolles máis independencia e auto-suficiencia.

0.090704202651978