Os museos de Quiroga amplían o seu horario este verán e haberá xornadas de portas abertas

RibeiraSacraXa
Ademais, o 2 de agosto terá lugar unha actividade cultural e turística no marco de 'Descubrir Quiroga'
Museo-Quiroga
28 Xuño 2024

Os Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga amplían o seu horario de apertura durante os meses de xullo e agosto grazas á participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.

Así, abrirán de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos abrirá o Museo Xeolóxico de 11.00 a 12.00 horas e o Museo Etnográfico de 12.00 a 13.00 horas.

Ademais, calquera día e a calquera hora, poderán facerse visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas en visitas concertadas previa cita no teléfono 982 435 125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

Por outra banda, durante o mes de agosto de 2024 volverán as xornadas de portas abertas aos museos de Quiroga todos os xoves de agosto, agás o festivo do día 15 en horario de 11.00 a 12.00 horas no Museo Xeolóxico e de 12.00 a 13.00 horas no Etnolóxico.

Finalmente, o día 2 de agosto, dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga 'Descubrir Quiroga', que conta coa financiación da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar unha xornada especial: 'Coñece os museos de Quiroga', na que se descubrirán as rochas e os seus sabores, e haberá degustación de castañas, marmeladas e mel da empresa local Caurelor. Para esta actividade é obrigatoria a inscrición na casa da cultura ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

0.086924076080322