Os mellores profesionais do deporte serán premiados mañá na Gala do Deporte de Monforte
A Gala do Deporte volve a celebrarse mañá, 29 de xuño, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, onde deportistas, clubs, adestradores, técnicos e árbitros de Monforte serán premiados polo seu esforzo e dedicación.
En total, presentáronse este ano 32 candidaturas nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e clubs do ano 2022, o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas.
Así, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso do Concello de Monforte e o xurado, que ten previsto reunirse nos vindeiros días, terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir a cada un dos galardoados.