Os máis pequenos de Bóveda poderán desfrutar dun campamento este Nadal
RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda organiza un campamento de Nadal para os máis pequenos, que se desenvolverá os días 26, 27, 28 e 29 de decembro; e o 2, 3 e 4 de xaneiro.
30 Nov 2023
O Concello de Bóveda organiza un campamento de Nadal para os máis pequenos, que se desenvolverá os días 26, 27, 28 e 29 de decembro; e o 2, 3 e 4 de xaneiro.
Este campamento contará con diversas actividades, como os obradoiros temáticos de galletas decoradas, árbore colgante, bolsa de neve personalizada, faroliño de reis... pero tamén con contacontos, audiovisuais, xogos e ludoteca.
As familias interesadas en desfrutar deste servizo poderán inscribirse xa este venres, 1 de decembro, xa que hai prazas limitadas e terán preferencia os empadroados.
Esta iniciativa terá lugar no Centro Sociocultural de Bóveda en horario de 09.00 a 14.00 horas e está dirixida a rapaces de 4 a 14 anos.