Os máis de mil participantes no Quimedo de Quiroga cren que esta foi a mellor edición de todas

RibeiraSacraXa
Máis de mil persoas participaron na cuarta edición do QuiMedo de Quiroga a pesar da chuvia, "que facía máis terrorífica a noite", explican desde o Concello, que preparou 8 casas, A casa Sau, o Circo Malvado, A Peste, Stranger Things, Chucky, A Momia, Biblioteca Poseída e a Carcel Zombi que percorreron os máis valentes.
Quimedo Quiroga 2023
30 Out 2023

Así, o pavillón municipal foi o centro neurálxico do QuiMedo, no que o líder de cada grupo recollera as pulseiras de entrada nas casas e tamén para o inicio da festa infantil, aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición.

A QuiMedo Fest comezaba a partir das 12.30 horas da noite coa actuación do grupo de versións pop-rock 'En Mala Hora' e o fin de festa do QuiMedo foi protagonizado polo Dj local Michel a partir 02.30 horas da madrugada.

Os organizadores do QuiMedo cren que esta é a mellor edición das realizadas ata o de agora, xa que destacaban a colaboración dos voluntarios, do Concello de Quiroga e tamén dos propietarios das vivendas que as deixan para realizar este evento.

0.1117479801178