Os lumes que afectan aos municipios de O Saviñao e Folgoso do Courel, controlados
A consellería de Medio Rural informa de que dende onte pola tarde, ambos incendios, o que tivo a súa orixe en O Saviñao e o de Folgoso de Courel, están xa controlados.
O de O Saviñao orixinábase na parroquia de Rebordaos e quedaba controlado onte ás 12.49 horas da maña, logo de arrasar un total de 20 hectáreas. Este foi un incendio que se iniciou en cando menos tres focos diferentes.
No que ao incendio de Folgoso do Courel atinxe, tivo a súa orixe en Vilamor e Seceda (Folgoso) e Saa (A Pobra) e quedaba controlado ás 12.02 horas da maña. Logo de arrasar un total de 11.100 hectáreas. Xuntáronse aquí cinco lumes, os dous de Vilamor e o de Seceda (no concello de Folgoso) e os dous de Saa (no da Pobra).
A consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.