Os Lactouros organizan unha ruta de dous días pola parroquia de Vilachá

RibeiraSacraXa
Os Lactouros organizan unha ruta de dous días, os vindeiros 25 e 26 de febreiro, pola parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón
Monte Vilachá
22 Feb 2023

A Xunta de Micoloxía Os Lactouros organiza para esta fin de semana unha ruta circular pola Ribeira Sacra, en concreto por Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón.

Esta ruta farase en dous días, o 25 e o 26 de febreiro, debido á cantidade de persoas que se apuntaron (30 para cada día), aínda que non é habitual este tipo de eventos masificados, explica Iván, guía de Coureleando que será o encargado de levar aos asistentes pola paisaxe da Ribeira Sacra.

Nesta ruta sinxela de 11 quilómetros e de moderada pendente, os participantes poderán coñecer zonas desta zona denominada Ben de Interese Cultural, como o Canón do Sil, o Miradoiro da Capela, o Castro Castrelado e as adegas medievais de Vilachá.

En concreto, na Adega Val do Frase terá lugar a parada para o xantar despois de rematar a ruta.

Desde Coureleando explican que fará moito frío e que é importante abrigarse, levar roupa e calzado axeitado para camiñar e impermeable "porque o monte estará mollado", un chubasqueiro lixeiro, por se chove, e auga.

Ruta os Lactouros
0.19611191749573