Os incendios obrigan a cancelar as Xornadas de Folclore na Rúa, Viana e A Pobra de Trives

No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, en coordinación cos concellos, decidiuse a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Viana, así como o previsto mañá en A Rúa e o do luns en A Pobra de Trives, no marco das Xornadas de Folclore.
Ademáis, na actuación prevista para mañá ás 22.30 horas na praza maior do Carballiño, actuarán os 6 grupos participantes nas Xornadas de Folclore e debido a que se amplía o número de participantes, o espectáculo será na praza da Veracruz.
O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense a esta hora polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas, explican dende a organización.
Así, mantense polo de agora o espectáculo previsto para esta tarde en Entrimo, os do domingo en Castro Caldelas e Xinzo, o do luns en Celanova, así como o tradicional desfile e posterior actuación en Ourense, o martes, e o pech das xornadas en Ribadavia, o mércores 20 de agosto.