Os escolares do Concello de Monforte continúan coa programación do 8M

RibeiraSacraXa
Los escolares de Monforte de Lemos siguen disfrutando de las actividades programadas por el día de la mujer el 8 de marzo.
IES Río Cabe OK
16 Mar 2022

Os escolares do Concello de Monforte, continúan desenvolvendo as actividades que forman parte da programación ideada para conmemorar o 8 de Marzo “Día Internacional da Muller”. Continuando con dito programa, esta semana continúan os obradoiros dirixidos aos centros de ensino de secundaria.

Dando continuidade aos obradoiros impartidos no mes de novembro, neste trimestre desenvolvese un Obradoiro titulado “Para que non doa” no que se traballarán as relacións emocionais dende unha perspectiva non sexista, as dependencias emocionais e o que ten que ver coas formas de respecto e boa relación.

O obxectivo é que o alumnado cuestione os mitos e falsas crenzas en torno o namoramento e o amor, que diferencien entre relacións igualitarias e relacións violentas, de dependencia… e que reflexionen sobre os modelos impostos nas relacións afectivas.

Esta actividade está financiada con cargo aos fondos transferidos pola Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, para o desenvolvemento de novas o ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2021.

A persoa encargada de levar a cabo a actuación será a psicóloga clínica Paula Sánchez, a cal exporá de forma dinámica e audiovisual contidos teóricos a través de exemplos facilmente recoñecibles, reais e sinxelos para a mocidade facilitándolles as ferramentas claves para que camiñen cara a relacións baseadas na igualdade.

A actividade vai dirixida ó alumnado de 3º da ESO e cada sesión terá unha duración de 100 minutos.

O pasado venres 4 de marzo tiveron lugar as primeiras sesións deste obradoiro no IES Río Cabe, e tiveron continuidade onte luns día 14 no IES Daviña Rey e no CPR Ferroviario. Mañá mércores 16 de marzo, será a quenda dos alumnos e alumnas do CPR Pais Escolapios e o venres 18 o obradoiro impartirase no CPR Torre de Lemos e no IES A Pinguela.

0.21516013145447