Os equipos da Ribeira Sacra están na recta final antes da loita polo ascenso
A poucas xornadas do fin da primeira fase da competición, poucos son os equipos que están xa clasificados para loitar polo ascenso.
No grupo 3A de Primeira Galicia aínda quedan tres xornadas para chegar á segunda fase da competición. Na actualidade encóntranse nos postos de vantaxe o Chantada Atlético, o Chantada e o Taboada aínda que ningún está clasificado de forma matemática e teñen que seguir gañando para manterse nos primeiros lugares da clasificación.
Esta fin de semana xogaron a xornada 15 e, dos tres equipos, tan só o Chantada Atlético foi quen de vencer ao seu rival. O enfrontamento contra o Friol obtivo un marcador final de 3-1 despois de que Adrián, Iván e Daniel dos locais conseguiran subir puntos ao marcador en confrontación a Michael do Friol que intentou achegar ao seu equipo e non foi suficiente. Desta forma o Chantada Atlético ocupa o segundo posto da táboa con 27 puntos.
Un reto foi o do Chantada que xogou contra o líder do grupo, o Portomarín. Os primeiros da clasificación anotaron 4 goles fronte ao único do Chantada que tan só conseguir maquillar o resultado. Así, os da comarca da Ribeira Sacra ocupan o terceiro posto da clasificación con 24 puntos.
No cuarto lugar, nos postos de vantaxe con 23 puntos está o Taboada que perdeu 0-4 contra o Outeiro de Rei. Despois dunha primeira parte moi igualada e sen goles, os visitantes saíron ao segundo tempo con máis forza chegando a marcar os catro puntos finais.
No grupo 2B de Segunda Galicia o Ferreira é o único equipo que xa está matematicamente clasificado para o ascenso. Nesta xornada, o líder con 27 puntos venceu 3-0 ao Oural que se ocupa o terceiro posto da clasificación con 19 puntos.
Segundo, con 21 puntos está o Río Sil que empatou no enfrontamento co Incio. O encontro estivo moi disputado e malia que os locais levaban vantaxe, despois de anotar un penalti no minuto 4, no comezo do segundo tempo os visitantes igualaron o marcador e adiantáronse ao mesmo pouco despois. Xa case no remate do encontro, o Incio anotou o gol do empate que se mantivo ata o final do partido.
No último posto de vantaxe está o Brollón que venceu pola mínima ao Chantada B. Co marcador en 2-2 cando xa se cría que ese sería o resultado final, Maikel, dos locais, anotou o gol da vitoria no minuto 90, sobre a bucina.
En Terceira, todos os equipos loitarán polo ascenso.
No grupo 2 a máxima goleada foi para o Taboada B ao que lle anotaron un total de 7 goles, sendo o marcador final de 2-7. Este resultado deixa aos de Taboada na penúltima posición da clasificación.
Pola contra, o líder sumou tres puntos ao dobrar o resultado do seu rival. O Sober anotou dous puntos que finalmente foron insuficientes ante os catro que marcou o Lemos B.
Segundo na clasificación está o Monterroso B que venceu ao pechacancelas do grupo 3-0. O encontro non estreou marcador ata o minuto 43 cando Lucas conseguiu burlar ao porteiro contrario. Ao pouco de dar comezo a segunda parte, volveu a repetir acción acadando o 2-0 que sentenciou o seu compañeiro Balbino no minuto 80 co 3-0.
Con 3 goles gañou o Carballedo ao Rubián que tan só sumou un punto no seu marcador.