Os Dálmates e Árbore de Nadal recibiron o premio ao mellor disfrace da San Silvestre de Quiroga

RibeiraSacraXa
Máis de 150 (en concreto, 160) persoas participaron na 9° San Silvestre Solidaria de Quiroga, organizada polo Concello de Quiroga e polos representantes do deporte quirogués.
2 Xan 2024

Máis de 150 (en concreto, 160) persoas participaron na 9° San Silvestre Solidaria de Quiroga, organizada polo Concello de Quiroga e polos representantes do deporte quirogués.

Os participantes saíron da rúa Lado ás 12.00 horas di día 31 de decembro para percorrer 2 quilómetros arredor das rúas da vila da maneira escollida polos participantes: ou andando ou correndo.

Así, puidéronse ver tanto nenos como adultos disfrazados que caracterizaron unha xornada de "moi bo ambiente para despedir o 2023 e recibir o 2024 con moita ilusión e deporte", defenden os organizadores.

O premio ao mellor disfrace foi para o grupo dos Dálmatas e para Árbore de Nadal, e anunciaron que o ano 2024 celebraremos a 10° edición cunhas pre badaladas na praza da Peregrina.

0.19001913070679