Os cidadáns de Taboada xa poden participar das actividades deportivas que ofrece o Concello

RibeiraSacraXa
O novo curso das Escolas Deportivas de Taboada foron presentadas pola Área de Cultura, Deporte e Medio Rural e a Área de Benestar, Igualdade e Sanidade do Concello.
deporte Taboada
3 Out 2023

O novo curso das Escolas Deportivas de Taboada foron presentadas pola Área de Cultura, Deporte e Medio Rural e a Área de Benestar, Igualdade e Sanidade do Concello.

Así, as actividades ofertadas foron presentadas este luns para que os nenos e nenas do municipio, xunto coas súas familias, puideran coñecer toda a información sobre as opcións que teñen para apuntarse e como vai ser o curso.

Poderán elixir entre patinaxe, fútbol sala, bádminton, multideporte, é dicir, apuntarse a un deporte distinto cada semestre; psicomotricidade, taekwondo e jumping junior.

Ademais, tamén abriu o ximnasio de Taboada, no que as persoas interesadas poderán ir a clases de spining, step-tono, trx e full body, spining e tabata, aerobic e step, pilates, mantemento gap e poderán desfrutar das máquinas do ximnasio para realizar exercicio libre.

Por oura banda, tamén se ofrece a actividade de ximnasia de mantemento para persoas maiores que precisen facer exercicio guiado por profesionais e dunha dificultade baixa para poder levalo a cabo.

0.054260969161987