Os cidadáns de Pantón xa poden inscribirse nas actividades que oferta o Concello
RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón dá a benvida ao Outono Cultural coa iniciativa Pantón en Forma.
4 Out 2023
O Concello de Pantón dá a benvida ao Outono Cultural coa iniciativa Pantón en Forma. Trátase dun ciclo de actividades que darán comezo o luns 23 con opcións de ximnasia de mantemento, pilates, ioga e aerobic-cardio.
As propostas levaranse a cabo nas parroquia de Ferreira, Cangas, Acedre, Tuiriz, A Xesteira e Espasantes, onde os veciños e veciñas dos diferentes pobos poderán desfrutar das actividades.
As inscricións están abertas ata o vindeiro 13 de outubro e poden formalizarse presencialmente na Casa da Cultura do Concello de Pantón ou chamando ao teléfono 982 456 377.