Os Cantos de Taberna regresan a Escairón o 18 de abril

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna de Escairón, que terán lugar o 18 de abril coa participación dun total de nove establecementos participantes: Os Campeliños, A Maruxa, O noso Lar, Moderno, Círculo Saviñao, Unión, Índalo, O Rincón e Avenida.
Os grupos interesados en participar nesta nova edición poderán inscribirse ata o 14 de abril no Concello. Ao remate da festa haberá foliada e unha cea para os grupos participantes.