Os Cantos de Taberna e o Val de Quiroga de Tapas xa teñen datas de celebración

RibeiraSacraXa
A primeira será o 22 de marzo e a segunda terá lugar entre o 4 e o 14 de abril
Reunion da área de xuventude do Concello de Quiroga
Reunion da área de xuventude do Concello de Quiroga
30 Jan 2025

A área de xuventude do Concello de Quiroga comezou as reunións para organizar as actividades que van levar a cabo neste primeiro semestre do ano. Na xuntanza dirixida polo Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, á que tamén acudía o rexedor local, José Luis Rivera, deuse inicio á organización das actividades máis inmediatas.

Os Cantos de Taberna que se celebrarán o 22 de marzo é a primeira das actividades na que se traballa e que anunciará as bases e o período de inscricións nuns días.

Fixáronse tamén as datas nas que se celebrará o Val de Quiroga de Tapas, que se desenvolverá entre o 4 e o 14 de abril. Este certame que novamente incluirá bares e cafeterías de Quiroga e San Clodio, presenta como novidade a entrega do premio ao establecemento gañador durante a celebración da Feira do Viño.

Dende o departamento de xuventude solicitouse un novo campo de Voluntariado á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O proxecto presentado centraríase no Pozo do Batán, no río Ferreiriño.

O último punto tratado nesta xuntanza de traballo estivo encamiñado á celebración dunha festa da xuventude a principios de verán, que se irá perfilando en vindeiras xuntanzas.

0.17154097557068