Os campamentos de verán de Quiroga contarán con 10 monitores titulados

RibeiraSacraXa
En total, o Concello oferta 110 prazas para nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2022
sinatura-convenio-monitores-campamento-quiroga
24 Jun 2025

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro e a Concelleira de Educación, Infancia e Igualdade, Maite Pérez Grao participaron estes días na sinatura dos contratos dos 10 monitores e monitoras que se contrataron para os Campamentos de Verán 2025, dentro do programa Concilia Quiroga grazas a subvención concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade, dentro do Plan Corresponsables no ámbito local.

Os campamentos de verán teñen a finalidade de facilitar a conciliación laboral e familiar e ofrecen 110 prazas para nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2022 e que teñan 3 anos cumpridos ao comezo dos campamentos.

O prazo para as inscricións remata o vindeiro venres día 27 de xuño e o acceso aos campamentos será en función das circunstancias familiares, sendo prioritario para as familias nas que traballan ambos os proxenitores/as ou familias monoparentais, entre outras.

⚙ Configurar cookies
0.16964316368103