Os campamentos de verán chegan a Chantada en xullo e agosto
Chegan a Chantada os campamentos de verán 2021 onde nenos e nenas pasarán xornadas amenas e educativas nun ambiente de ocio e de respecto. Os campamentos están dirixidos a pequenos e pequenas que teñan entre 4 e 12 anos de idade -é dicir, nados entre o 2017 e o 2009-.
Así pois, o campamento está dividido en dúas quendas; unha primeira no mes de xullo, que irá do 12 ao 23, e outra que se celebrará do 26 ao 6 de agosto. Para todas aquelas persoas interesadas, as inscricións realizaranse no Centro de Información á Muller de Chantada -no edificio multiusos da praza de Galicia- dende o vindeiro luns 5 ata o xoves 8 de xullo -ambos inclusive-. O horario das inscricións é de 8.30 a 14.30 horas.
Os campamentos son gratuítos e dende o Concello animan a todos os nenos e nenas interesados a probar unhas xornadas divertidas nas que poderán aprender a través de xogos e actividades. Para máis información ou para calquera dúbida, pódese contactar no teléfono 982 466 299.