Os Bombeiros da provincia xa contan con convenio colectivo e relación de postos de traballo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Pleno do Consorcio aprobou este xoves a estes acordos
pleno-consorcio-bombeiros-deputacion
19 Dec 2024

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou o novo convenio colectivo e a relación de postos de traballo (RPT).

José Tomé Roca destacou a importancia destes acordos para reforzar a calidade do servizo e para recoñecer o labor que desenvolven os bombeiros na protección das persoas e dos seus bens fronte a incendios e outras emerxencias. O convenio será agora remitido a Autoridade Laboral e a RPT publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo para someter a exposición pública.

Recóllense medidas como a incorporación de 26 efectivos, aumento salarial, redución de 1642 horas, recoñecemento como persoal laboral fixo desde a data de subrogación 01/05/2019, melloras no equipamento e roupa de traballo, redúcese a mobilidade entre parques comarcais do persoal, axudas sociais ou a disposición de días de asuntos propios, entre outras melloras.

Ademais, o Pleno estableceu que o vindeiro xoves celebrarase unha nova reunión do Consorcio de Bombeiros co obxectivo de establecer un novo acordo sobre a retroactividade dos salarios durante o ano 2024. Este punto responde ao compromiso adquirido coas e cos traballadores no acordo asinado no pasado mes de febreiro, garantindo así que se cumpran os dereitos económicos pactados.

O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50 %, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.

0.16726899147034