Os bailes caribeños darán cita en O Saviñao o próximo 12 de outubro

RibeiraSacraXa
O Pabillón Polideportivo Municipal de Escairón acollerá o II Trofeo R&L de Baile Deportivo
campionato-baile-caribeño-saviñao
28 Sep 2025

O próximo domingo 12 de outubro, o Pabillón Polideportivo Municipal de Escairón acollerá o II Trofeo R&L de Baile Deportivo, que forma parte do Campeonato Galego Xunta de Galicia de Bailes Caribeños 2025.

O evento desenvolverase desde as 9:00 da mañá ata última hora da tarde e contará coa participación de distintas categorías, nas que os competidores loitarán por acadar a primeira posición no campionato federado de baile caribeño, así como noutras disciplinas de baile.

A xornada está organizada pola escola de baile Ritmo LG+, en colaboración co Concello de O Saviñao, e promete un espectáculo de alto nivel que reunirá a bailaríns de toda a rexión.

⚙ Configurar cookies
0.10059809684753