Os avaliadores da Unesco percorren o Xeoparque Montañas do Courel para revalidar a distinción

RibeiraSacraXa
O presidente do Xeoparque, Roberto Castro, e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, recibiron aos avaliadores enviados pola Unesco
avaliadores-da-Unesco-no-Xeoparque-Montañas-do-Courel
19 Jun 2024

O presidente do Xeoparque, Roberto Castro, e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, recibiron aos avaliadores enviados pola Unesco, Catherine Posthumus (Holanda) e Mikko kiuttu (Finlandia), para realizar os informes para que a Unesco revalide a distinción do Xeoparque Montañas do Courel.

Así, os avaliadores mantiveron unha reunión de traballo co persoal do Xeoparque na que se facía unha presentación xeral do territorio, da xestión do Xeoparque e das obras realizadas para abordar as recomendacións de 2022 para a reválida.

Algunhas das recomendacións recibidas no Xeoporque correspondéronse coa mellora sinalización do Xeoparque nas entradas ao territorio, adaptación do logo Xeoparque ás novas normas Unesco, a incorporación na estratexia do Xeoparque do cambio climático e os megaincendios, así como o emprego de idiomas nos paneis de interpretación e material divulgativo do Xeoparque; aínda que tamén destacaron a necesidade da mellora da estructura de xestión do Xeoparque (contratación xeocientífico), o fortalecemento da estructura de financiamento do Xeoparque, e que houbera algúns proxectos educativos.

O intenso programa de visitas nestes días comezou coa visita o Museo Xeolóxico e Museo Etnógráfico de Quiroga, tamén visitarán o Centro Interpretación da Minería Aurífera Romana, o Centro de Interpretación do río Sil, Montefurado, a ruta dos miradoiros en Ribas de Sil, a Aldea Paleozoica da Seara, a Fervenza de Vieiros, a Aldea Paleozoica de Seceda, o Castro da Torre, a Oficina turismo de Folgoso do Courel, o Miradoiro de Alto do Boi, o Miradoiro de Campodola e o proxecto educativo do CEIP de Quiroga.

A visita dos avaliadores rematará cunha festa de despedida na Praia Fluvial de San Clodio con música local e para o que está convocada a poboación do Xeopraque para un gran acto de despedida.

0.1608989238739