Os autónomos do Courel recibirán asesoramento gratuíto para dixitalizar a súa empresa

RibeiraSacraXa
Unha oficina móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, achégase o vindeiro xoves 19 de outubro a Folgoso do Courel.
visita delegado acelera pyme presentadion
18 Out 2023

Unha oficina móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, achégase o vindeiro xoves 19 de outubro a Folgoso do Courel.  Os autónomos ou propietarios dunha Peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio contarán co asesoramento dos dinamizadores dixitais.

Os interesados poderán programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada. Entre os servizos do programa atópanse o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización e o soporte e asesoramento á empresa.

Ademais, dentro do programa tamén se ofrecen servizos de consultaría en márketing dixital, acompañamento na solicitude do Kit Dixital e apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio

acelera pyme folgoso do courel
0.2038459777832