Os alumnos de 2º de Primaria do Colexio dos Pais Escolapios visitaron a Casa do Concello
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe na Casa do Concello a alumnos e alumnas do 2º curso de Primaria do Colexio dos Pais Escolapios, que acudiron co obxectivo de coñecer estas instalacións municipais e o seu funcionamento.
Acompañados por 3 profesores, os 40 alumnos e alumnas deste centro educativo monfortino foron recibidos polo alcalde no Salón de Plenos, onde lles explicou o funcionamento do Concello, e sobre todo o relacionado con come é o desenvolvemento dos Plenos da Corporación municipal en dito salón.
Os estudantes tamén aproveitaron a ocasión para preguntarlle ó alcalde sobre como desenvolve o seu día a día á fronte do Concello ou sobre os proxectos nos que está traballando o Equipo de Goberno, como a Zona C, o parque de Cobas, ou o parque do barrio do Hospital.
Os nenos e nenas tamén lle trasladaron o seu gusto por como quedaron o parque da Compañía, que foi ampliado e renovado recentemente, ó igual que a pista polideportiva, ou a nova pista de Skate, moi utilizada por moitos deles.