Os afiliados do PP elixirán a 204 compromisarios para o Congreso galego

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os afiliados do Partido Popular na provincia de Lugo elixirán a 204 compromisarios para o 18º Congreso do PPdeG
xunta directiva pp provincia lugo
22 Apr 2022

Foron asignados outros 4 compromisarios a Novas Xeracións da provincia e tamén serán compromisarios os 40 lucenses que forman parte da xunta directiva do PPdeG e os 2 máis da Comisión Organizadora.

A xunta directiva do Partido Popular da provincia aprobou na reunión deste xoves a distribución dos 200 compromisarios que deberán elixir os afiliados da provincia de Lugo para representalos no 18 Congreso do PPdeG que se celebrará entre o 21 e o 22 de maio en Pontevedra. A estes 200 haberá que engadir outros 4 representantes de Novas Xeracións da provincia de Lugo e tamén os 40 lucenses que son membros natos da actual xunta directiva do PPdeG e 2 máis que forman parte da Comisión Organizadora.

A máxima mandataria popular lucense que é tamén a presidenta da Comisión Organizador do Congreso, Elena Candia, presidiu a xuntanza na que explicou o procedemento que deberán seguir os afiliados para participar neste congreso e, polo tanto, poder votar polos candidatos á presidencia e polos candidatos a compromisarios: “é imprescindible inscribirse como elector”.

Tendo en conta que moitos afiliados realizaron recentemente a súa inscrición para participar no Congreso Nacional, co obxectivo de simplificar o procedemento e de minimizar riscos para a saúde, a C.O.C. acordou declarar automaticamente inscritos como electores aqueles afiliados cuxa solicitude fose aceptada para o recente Congreso Nacional.

Candia convidou, polo tanto, aos afiliados que non participaron no Congreso Nacional, pero que están interesados en participar neste, a inscribirse antes das oito da tarde do vindeiro 3 de maio.

O prazo para inscribirse como candidato a compromisario esténdese ata o 5 de maio. As asembleas nas agrupacións locais para a elección dos compromisarios entre os candidatos, se fora necesario, celebraranse o 10 de maio. O regulamente completo do 18 Congreso do PPdeG pode consultarse na seguinte ligazón: http://ppdegalicia.com/index.php/gl/18-congreso-ppdeg.

Reparto de compromisarios por agrupacións

Os compromisarios electos outórganse, atendendo ao regulamento, nun 75% segundo o nivel de afiliación local con respecto á afiliación do total da provincia  e nun 25% segundo a porcentaxe de votos obtidos neses municipios nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia con respecto ao total da provincia.

Deste xeito, a agrupación local de Lugo deberá elixir 55 compromisarios; as de Monforte e Sarria, 12 cada unha; 6 compromisarios lle corresponden a Foz e outros tantos a Viveiro; 5 Chantada, Friol, O Saviñao e Vilalba; 4 a Castro de Rei, Cervo, Quiroga e Ribadeo; 3 a Burela; 2 a Becerreá, Bóveda, Carballedo, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, O Vicedo e Xove; os 36 concellos restantes da provincia deberán elixir 1 compromisario cada un deles.

Manual de identidade corporativa

A xunta directiva celebrada este xoves tamén serviu para presentar o novo manual de identidade corporativa do PP lucense. O documento que se distribuirá entre as agrupacións locais pretende avanzar no compromiso de mellorar a comunicación cos lucenses porque “estamos ao servizo e escoita da sociedade da nosa provincia”.

“O obxectivo é o de transmitir as nosas ideas, mensaxes e valores de forma clara e unitaria para ser útil aos lucenses”. Ademais, “manter unha imaxe unificada e harmoniosa contribúe a reforzar a credibilidade do partido”, segundo manifestou a presidenta provincial.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13590121269226