Organízase unha visita guiada ao xacemento romano de Proendos

RibeiraSacraXa
Será o próximo xoves, 9 de outubro
visita-proendos
6 Oct 2025

A Xunta de Galicia organiza, o próximo xoves 9 de outubro, unha visita guiada ás escavacións arqueolóxicas do xacemento romano de Proendos, un dos testemuños máis singulares da romanización en Galicia. A actividade comezará ás 17:00 horas na Igrexa de Santa María de Proendos.

O horreum de Proendos, datado no século I, descubriuse tras prospeccións realizadas con georradar en 2019, que permitiron identificar estruturas subterráneas próximas á igrexa parroquial. Desde 2020, as escavacións puxeron ao descuberto este granario e outras construcións de distintas épocas, que inclúen muros prerromanos e un silo medieval do século V ou VI.

A visita ofrecerá aos asistentes a oportunidade de coñecer de primeira man a historia deste xacemento, a súa importancia na Galicia romana e os distintos achados que permiten comprender a evolución do asentamento ao longo dos séculos.

⚙ Configurar cookies
0.2037570476532