Organizan varias charlas para informar sobre os novos parques eólicos de Chantada
O PSOE de Chantada organiza unhas charlas informativas en Merlán, Sabadelle, Veiga e San Fiz sobre os novos parques eólicos e liñas de alta tensión que afectan parroquias do Concello.
En colaboración coa Asociación VentoNoso, organizan catro actos informativos dirixidos os veciños e veciñas das parroquias afectadas polo paso de liñas de alta tensión vencelladas a parques eólicos. Concretamente, esta nova liña vai dende Monte Cabeza II a Belesar.
Os actos terán lugar na escola de Sabadelle o 25 de setembro ás 20.30 horas e estará dirixido a afectados de Sabadelle e Pesqueiras, mentres que o 27 terá lugar na escola de Veiga ás 20.30 horas, dirixido a afectados de Veiga e Pedrafita. Pola súa parte, o 28 será no local social de Merlán e na ecola de San Fiz o 30 de setembro.
O obxectivo destas sesións informativas é facilitar os afectados e afectadas toda a información dispoñible para que poidan valorar o impacto que nas súas vidas e propiedades poden ter as liñas de alta tensión e actuar en consecuencia chegado o momento.