Organizan unha xornada de iniciación á micoloxía na Granxa D'Outeiro

RibeiraSacraXa
Esta actividade, realizada no marco do comezo da tempada de setas, servirá para que as persoas participantes aprendan todo o necesario sobre o mundo das setas
setas-cogomelos-micoloxia
19 Out 2024

A Asociación Lactourus Micoloxía e a Granxa D’Outeiro organizan unha xornada de iniciación á micoloxía con ‘showcooking’ este domingo, 20 de outubro.

Esta actividade, realizada no marco do comezo da tempada de setas, servirá para que as persoas participantes aprendan todo o necesario sobre o “fascinante mundo das setas en Galicia": desde como identificalas e diferencialas, ata como recolectalas de maneira segura, todo iso cun ‘showcooking’ final, onde se degustarán as setas recolectadas, acompañadas do viño Francelus.

Así, ás 10.00 horas será a presentación, entrega de material e clase teórica para logo, ás 12.00 horas, ter lugar a saída guiada e comida no monte. Xa ás 18.00 horas confeccionarase a mostra co produto recollido e ás 20.00 horas será o ‘showcooking’ e a degustación.

0.10129022598267