Organizan en Sober unha charla dedicada á antiga bailía templaria de Canaval

O local social de Canaval, en Sober, acollerá o sábado 24 de xaneiro, ás 17.00 horas, unha charla dedicada á antiga bailía templaria de Canaval. A conferencia será impartida por Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Durante a charla abordaráse a presenza e a influencia da Orde do Temple na zona, a partir dunha investigación desenvolvida pola propia relatora. Ao rematar a intervención realizarase unha visita ao templo románico de San Pedro de Canaval.
A actividade está organizada polas asociacións O Colado do Vento e Segredos de Pantón, co obxectivo achegar ao público unha parte pouco coñecida da historia medieval da comarca.