Organizada unha nova actividade do programa 'Coñece a túa provincia' pola Asociación Remeite de San Clodio

RibeiraSacraXa
Organizada unha nova actividade do programa 'Coñece a túa provincia' pola Asociación Remeite de San Clodio para o vindeiro 22 de xuño
Coñece a túa provincia Ribas de Sil
17 Xuño 2023

A Asociación Remeite de San Clodio, de Ribas de Sil, organiza unha excursión de balde para as persoas interesadas que percorrerá Trabada, Riotorto e A Pontenova.

Esta actividade, encadradada no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro 22 de xuño e sairase da praza do Concello ás 08.15 horas.

Durante a xornada, as persoas que participen visitarán o Museo Etnográfico José Rocha, a praza dos fornos da Pontenova, o museo da pesca da Pontenova e o mazo da fraga de Ferreiravella de Riotorto.

Para apuntarse, as persoas terá que pedir información e inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Ribas de Sil.

Coñece a túa provincia Ribas de Sil
0.096644163131714