Obras de renovación nun parque infantil en Escairón

RibeiraSacraXa
Carlos Armesto asinou a acta de inicio das obras que contan cun prazo de execución de 20 días e un investimento de máis de 100.000 euros.
parque infantil o savinao
11 Maio 2021

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, asinou esta mañá a acta de inicio das obras de renovación dun dos dous parques infantís de Escairón, o situado na rúa Xan de Forcados.

Trala sinatura da acta deron comezo as actuacións que consistirán na colocación dun chan acolchado acorde coa normativa, na substitución dos seus elementos por outros novos, na instalación dunha tirolina e na construción do seu peche perimetral. As obras dispoñen dun prazo de execución de 20 días.

O alcalde destaca que se trata dunha “inversión importante” que suporá a mellora destas instalacións públicas que “estarán axiña dispoñibles para o seu uso por parte dos máis pequenos do municipio”.  Concretamente, esta actuación conta cun investimento de 102.218 euros. 

0.16568899154663