Obradoiro sobre a aplicación de produtos fitosanitarios en Monforte

RibeiraSacraXa
Monforte recibe o vindeiro martes, 7 de setembro, un obradoiro sobre o fenómeno de deriva durante a aplicación de produtos fitosanitarios.
aula escola
5 sep 2021

Monforte recibe o vindeiro martes, 7 de setembro, un obradoiro sobre o fenómeno de deriva durante a aplicación de produtos fitosanitarios. Desenvolverase no CFEA de Monforte de Lemos en horario de mañá, de 10 a 14 horas.

Nesta acción formativa simularanse diferentes condicións ambientais para analizar o efecto que os distintos tamaños de gota de produtos fitosanitarios teñen sobre o fenómeno de deriva cando se aplican nos distintos cultivos.

Deste xeito, o curso abordará o uso de diferentes tipos de boquillas e o impacto no medio, tanto a nivel vexetal como no solo e aire, co fin de minimizar os efectos negativos que poida ocasionar unha aplicación incorrecta destes produtos nos distintos cultivos.

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de ceca.monforte@edu.xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 982889103 para máis información.

0.18906497955322