Obradoiro de prototipado en Chantada: pon a proba a túa idea de negocio

RibeiraSacraXa
Desenvolverase o próximo 26 de setembro nas instalacións de Sacra Experience, en Pincelo
obradoiro-chantada
15 sep 2024

O vindeiro xoves 26 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, celebrarase un obradoiro de prototipado nas instalacións de Sacra Experience, en Pincelo, pertencente ao Concello de Chantada). O evento, dirixido polo experto Pablo Osorio, ofrecerá aos emprendedores unha oportunidade única para desenvolver e poñer a proba as súas ideas de negocio mediante técnicas de design thinking.

Durante o obradoiro, os participantes poderán comprender as distintas etapas desta metodoloxía, aprender a incorporar innovación nos seus proxectos e descubrir que tipos de prototipos son os máis adecuados para validar as súas ideas no mercado. Ademais, orientaranse na creación dun plan de acción e os participantes terán a oportunidade de coñecer a outros emprendedores.

UN OBRADOIRO PARA EMPRENDEDORES

Esta actividade práctica que permite aos participantes crear versións preliminares ou modelos das súas ideas, produtos ou servizos. O seu propósito é validar as propostas antes de facer grandes investimentos, identificando puntos de mellora e axustando o proxecto segundo as necesidades do mercado. A través desta metodoloxía, os emprendedores poden descubrir que funciona e que non, e avanzar na creación dun plan de acción claro.

Este obradoiro é unha excelente ocasión para quen desexa avanzar no desenvolvemento dos seus proxectos innovadores nunha contorna colaborativa e guiado por expertos. Para asistir, é necesario inscribirse a través da seguinte ligazón: Inscrición ao obradoiro. Para obter máis información, os interesados poden contactar con Ana Randolfe a través do correo proporcionado ou no teléfono 648 166 848.

0.14743995666504