O XXVII certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo xa ten gañadores

LugoXa | RibeiraSacraXa
Ya se conocen a los ganadores del XXVII Certamen de contos e relatos curtos Trapero Pardo del ayuntamiento de Lugo.
escribir
14 Feb 2022

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou ás catro persoas gañadoras do XXVII certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. “Apoiamos a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural”, indicou Felipe Rivas.

O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contan con tres premios cada unha. Cada unha das persoas gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. O concelleiro de Educación explicou que “nas vindeiras semanas realizaremos o acto de entrega de premios ás distintas gañadoras”.

Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Lucía Domínguez Pereira, do Colexio Divino Maestro, e o segundo premio, valorado en 100€ foi para Sara Pico López, do IES Muralla Romana. Na categoría de 15 a 18 anos, Rosalía Bernárdez Riopedre, do IES Leiras Pulpeiro, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Carla López Otero, do IES A Pinguela de Monforte, con 130€, e con Sara Méndez Seijo, do IES Ánxel Fole, na terceira posición, cun premio de 100€.

O xurado estivo formado por Xosé Manuel Castro Castedo, profesor de lingua e literatura galega de Educación Secundaria, Teresa Pena Moreda, directora da Biblioteca Municipal de Lugo e Margarita Calderón Fernández, Pedagoga da Concellería de Educación.

0.098880052566528