O XXIII Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos desenvolverase no Multiusos
O Concello de Monforte, dentro do programa do Verán Cultural, celebra o Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos, que este ano alcanza a súa 23ª edición.
Así, finalmente será o Auditorio do Edificio Multiusos, e non a Praza de España, debido ás inclemencias meteorolóxicas, onde este sábado 7 de setembro ás 21.00 horas terá lugar a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que está organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Deputación 2024 de Cooperación cos Concellos.
O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Coral Polifónica Albricias de Maceda (Ourense) e o Coro de Voces Graves Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria).