O 'XXII Simposio sobre la enseñanza de la Geología' desenvolverase no Xeoparque Montañas do Courel
O 'XXII Simposio sobre la enseñanza de la Geología' celebrarase entre os vindeiros 8 e 13 de xullo no Xeoparque Montañas do Courel, concretamente no Auditorio Municipal de Quiroga.
Así, será a sede dun evento no que se abordará a ensinanza da xeoloxía e ao que acudirá xente de Madrid, Xixón, Vitoria, Barcelona, Alcalá de Henares, Tenerife, Santiago de Compostela, Córdoba, Logroño, Mallorca, Santander, Girona, Alicante, Aveiro, Guadalajara, Teruel, Huelva, Bilbao, Manresa, Mahón, Guadix, etc.
"Por primeira vez este importante simposio desenvolverase nun entorno rural, o que supón un reto maiúsculo para o Xeoparque no eido loxístico e organizativo, pero ao mesmo tempo un escaparate para amosar, ademais da nosa xeoloxía, historia, cultura, patrimonio e gastronomía, que somos un territorio vivo", explican desde o Xeoparque.