O XXI Festival de Habaneras Concello de Monforte celebrarase maña no municipio lucense

RibeiraSacraXa
O XXI Festival de Habaneras Concello de Monforte celebrarase maña no municipio lucense a partir das 21.00 horas
Festival Habaneras portada
2 Sep 2022

Tras dous anos de ausencia por mor da Covid-19, o concello de Monforte recupera dentro do programa do Verán Cultural, a celebración do Festival de Habaneras Concello de Monforte que este ano acada a súa edición número vinte un.

Así, a praza de España acollerá maña ás 21:00 horas a celebración dunha das citas clásica do verán musical monfortino, organizado polo Equipo de Goberno do concello de Monforte e que conta coa colaboración coa Deputación de Lugo.

O Festival de Habaneras alcanza a 21 edición avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, ás que se une a Coral Polifónica do concello de Monforte: a Coral San Roque e a Coral Voces Graves, ambas procedentes de Vigo.

AS CORAIS

O Coro de Voces Graves de Vigo é una formación de aproximadamente 40 voces, que nace por iniciativa de Alberto Abal co propósito de cantar e difundir a música coral escrita para voces iguais masculinas dado o amplo repertorio existente de música coral para esta tipoloxía musical.

A Coral Polifónica de San Roque de Vigo nace por iniciativa de Isabel Prado Davíla, muller cunha gran paixón pola música e a arte en xeral e que tamén colabora con diversas asociacións da cidade. Esta formación celebrou a súa primeira actuación en público no salón de actos da AA.VV. O Monte da Mina de Castrelos o 29 de decembro de 2012, sendo apadriñada pola Coral Polifónica San Mamede de Zamáns (Vigo). Está formada por 55 voces mixtas e está dirixida dende a súa fundación por Rafael Pérez Dopeso, sendo él, xunto a Isabel, un dos fundadores desta agrupación.

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez.

Cartel XXI Festival Habaneras 2022
Programa XXI Festival Habaneras Monforte portada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17384099960327