O XVIII Val Quiroga de Tapas regresa entre o 4 e 14 de abril

RibeiraSacraXa
Nesta edición participarán un total de dez establecementos
Val-de-Quiroga-de-Tapas-2024
Imaxe da edición de 2024 do Val Quiroga de Tapas
28 Mar 2025

Entre o 4 e o 14 de abril desenvolverase a décimo terceira edición do Val de Quiroga de Tapas. Dez establecementos serán os que participen este ano, seis de Quiroga: O Portón, A Botica, Chapacuña 3, Matrioshka, Lago e Ruxe-Ruxe; e catro de Ribas de Sil: A Cabina, Las Vegas, Restaurante Praia Fluvial e Mesón Luís.

O funcionamento do concurso será o mesmo que en anos anteriores. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, a un prezo de 2 euros, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 horas e as 19:00 e as 22:30 horas. Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas participantes, poderá votar a súa favorita utilizando o mesmo “tapacartón”, poñendo o nome da que elixe como gañadora e os datos da persoa participante e introducíndoo nas urnas oficiais do concurso. Os concursantes terán de prazo ata o último día do concurso, o día 14, ás 23:00 horas, para depositar os cartóns con todos os selos en calquera das urnas situadas en cada establecemento participante.

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 euros en metálico. Pero ademais, os participantes que completen a degustación das tapas e voten pola tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios:

  • 200 euros e 100 euros en metálico.
  • Unha ruta en Segway para dúas persoas ata os miradoiros de Pena do Castelo e Soutochao con Enoturismo Galicia.
  • Menús para dúas persoas en Abadía San Simón (ovos rotos con bogavante), Torre Vilariño ou La Fábrica (menú pechado).
  • Un paseo a cabalo para unha persoa en Hípica Os Trancos.
  • Ceas ou comidas para dúas persoas en Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica ou O Portón.
  • Unha estancia para dúas persoas con almorzo no Hotel-Restaurante Las Vegas.
  • Cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas na Ferrería Quintá.
⚙ Configurar cookies
0.69247078895569