O XVI Concurso de Tapas da Guimaralia xa ten datas de celebración

RibeiraSacraXa
Será do 28 de novembro ao 5 de decembro e contará con cinco establecementos participantes
concurso-de-tapas-A-Pobra-do-Brollón
23 Nov 2025

O Concello da Pobra do Brollón prepara unha nova edición do Concurso de Tapas da Guimaralia, que se desenvolverá do 28 de novembro ao 5 de decembro. Nesta ocasión, participan cinco establecementos locais: Avenida, O Pirata, Primeiro de Maio, Salanova e Vella Taberna.

Durante esta semana, os asistentes poderán degustar cinco tapas diferentes en horarios de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, por un prezo único de 1,50 euros por tapa. Os participantes tamén poderán votar pola súa tapa favorita para participar no sorteo dun circuíto termal para dúas persoas no Iberik Augas Santas Balneario de Pantón.

⚙ Configurar cookies
0.071264028549194