O XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte xa deu comezo

RibeiraSacraXa
Monforte continúa coa oferta deportiva e lúdica deste verán para que sexa o máis completa e variada para todos os nenos e nenas monfortinos.
campo futbol balon
3 Ago 2021

Monforte continúa coa oferta deportiva e lúdica deste verán para que sexa o máis completa e variada para todos os nenos e nenas monfortinos.

Deste xeito, xa comezou a actividade do XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo que conta cun total de 72 nenos e nenas participantes con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, o que supón un 100% das prazas ocupadas.

Os/as participantes levarán a cabo a actividade entre o pasado luns 2 e o venres 6 de agosto no Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas entre as 10 e as 13 horas.

Trátase dunha actividade tradicional dentro da programación deportiva de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, que este ano, e con motivo da crise sanitaria da covid19, se realiza cun protocolo especificamente deseñado para que todos os nenos e nenas participantes poidan desfrutar da actividade con total seguridade.

Inicio da terceira quincena do Campamento Deportivo de Verán

Do mesmo xeito, no día de onte deu comezo a terceira e derradeira quenda do Campamento Deportivo de Verán que terá lugar entre o 2 e o 13 de agosto e na que participan un total de 96 nenos e nenas, o que supón tamén un 100 % de ocupación das prazas ofertadas.

0.085613012313843