O Xoves de Comadres celébrase en Monforte con tres convocatorias
O Concello de Monforte continúa coas actividades programadas arredor do Entroido 2024, coa celebración do Xoves de Comadres, segunda cita do programa na cidade para este xoves, 8 de febreiro.
Para o concurso do Xoves de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España o propio xoves día 8 a partir das 17.30 horas, coa concentración de Comadres, a comunicación dos gañadores e gañadoras co concurso, e a queima dos monecos da Comadre oficial.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10 % e a máxima será do 25 % do total da puntuación. Os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 1.900 euros.