O xogo 'Abre a porta da Memoria' premiará aos participantes que se fagan unha foto ata o 25 de setembro

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte segue a conmemorar Xornada Europea da Cultura Xudía con novas actividades, logo da celebrada o pasado domingo 3 de setembro, con dúas exitosas visitas á zona de ámbito xudeu monfortino, que congregaron a 140 persoas.
Monforte foto xudía
6 Sep 2023

O Concello de Monforte segue a conmemorar Xornada Europea da Cultura Xudía con novas actividades, logo da celebrada o pasado domingo 3 de setembro, con dúas exitosas visitas á zona de ámbito xudeu monfortino, que congregaron a 140 persoas.

Deste xeito, organiza ata o 25 de setembro o xogo Abre a porta da Memoria, xogo ao que o alcalde, José Tomé Roca, anima a que participen tanto os monfortinos como as persoas que visiten a cidade e a Ribeira Sacra durante este mes de setembro.

Este xogo, ideado pola Red de Juderías de España, consiste en situarse diante dunha porta colocada na Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6), facer unha foto diante de dita porta e seguir as instrucións do QR impreso na porta.

Unha vez sacada a fotografía, para participar no concurso, será necesario subila a Instagram e etiquetala con #memoria #redjuderias ou enviala a descubridores@redjuderias.org. Os participantes que suban as súas fotos, optarán a conseguir diferentes premios a través do sorteo de packs de agasallos.

Os xudeus sefardís mantiveron vivo o recordo ao longo do séculos, leváronse con eles as chaves das súas casas coa esperanza de poder regresar de novo un día a elas. Hoxe esas chaves son símbolo da memoria e vínculo entre todos eles e coa súa terra de orixe Sefarad.

O alcalde e presidente da Red de Juderías de España durante este ano 2023, xa se fixeron a súa correspondente fotografía, acompañados pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

0.16235303878784