O XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra pecha con máis de 70 inscritos

RibeiraSacraXa
O vindeiro 22 de xullo daranse a coñecer os 10 proxectos seleccionados para a gran final
seleccion-proxectos-semente-ribeira-sacra
6 Jun 2025

Do 1 de marzo ao 31 de maio, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tiña aberto prazo para a inscrición de ideas. Nesta edición do certame, que busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos, inscribíronse 72 persoas. Unha vez comprobadas as inscricións de persoas e as ideas presentadas, 51 das propostas cumplen todos os requisitos para ser avaliadas agora polo xurado que o día 22 deste mes de xullo dará a coñecer o nome das 10 ideas que pasan á fase final.

As ideas seleccionadas presentarán entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2025, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 8 de novembro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite durante a cea de clausura, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios desta décima edición, que serán de 10.000 euros para o primeiro, 6.000 euros para o segundo e 4.000 euros para o terceiro.

Ademais, os dez proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no Plan de Formación (AGADER) que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026, formarán parte do mesmo.

Dende a organización destacan que a esta edición do concurso presentáronse ideas de moi diversa finalidade, dende proxectos educativos, aplicacións para conectar turistas, tecnoloxía aplicada ás viñas, rutas e experiencias a medida, plataformas para aloxamentos, distribución de produto, ata proxectos musicais e de rehabilitación. Ademais, presentáronse proxectos de empredemento ao redor da gastronomía, terapias de benestar, artesanía, bebidas, cosméticos, museos e laboratorios de memoria rural ou a utilización de drons para o traballo agrícola.

Destacan, ademais, que a participación de persoas da comarca da Ribeira Sacra foi moi elevada nesta edición, na que tamén se recibiron propostas das provincias de Pontevedra e A Coruña, así como a nivel estadal, con propostas chegadas de Tenerife, Asturias, León ou Madrid.

⚙ Configurar cookies
0.1680691242218