O XI Certame de Cantos de Taberna do Castañazo desenvolverase o día 2 de novembro

RibeiraSacraXa
Desta maneira, os grupos interesados en participar xa poden inscribirse ata o vindeiro 25 de outubro
Cantos-Taberna-Castañazo
9 Out 2024

Os organizadores do Festival O Castañazo organizan o XI Certame de Cantos de Taberna, "unha das actividades preferidas paralelas ao festival porque á xente lle gusta moito a foliada", sosteñen. Será o vindeiro 2 de Novembro a partir das 15.00 horas, coincidindo coa celebración da segunda xornada do Castañazo.

Desta maneira, os grupos interesados en participar xa poden inscribirse por vía email  no cantosdetaberna@castanhazo.com ou de maneira telefónica 659 494 720 ata o 25 de outubro indicando o nome do grupo que concursa, un enderezo electrónico, un teléfono de contacto e o número de integrantes.

Os grupos deberán estar formados por un máximo de 10 persoas e o límite de participación é de 12 grupos, polo que animan a que os interesados se apunten o antes posible.

Por outra banda, lembran que O Castañazo "é un espazo libre de violencias machistas. Facemos un chamamento aos grupos para que procuren dentro do seu repertorio evitar contidos machistas, misóxinos e homófobos".

0.10694313049316