O XI Campus de Voleibol Ribeira Sacra de Monforte foi clausurado
RibeiraSacraXa
A tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes fixeron entrega no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela das medallas
31 Ago 2024
A tenente de alcalde, Gloria Prada, acompañada polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, clausurou o XI Campus de Voleibol Ribeira Sacra, organizado polo C.V. Ribeira Sacra Monforte, coa colaboración do Concello de Monforte.
Gloria Prada acudiu en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quen por motivos de axenda como presidente da Deputación, non puido acudir ó acto, por coincidir coa saída da 13ª etapa de La Vuelta Ciclista a España en Lugo.
A tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes fixeron entrega no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela das medallas aos 63 rapaces e rapazas que participaron no XI Campus de Voleibol Ribeira Sacra. Dito campus desenvolveuse do 26 ó 30 de agosto.