O Xeoparque Montañas do Courel seguirá na rede mundial de Xeoparques da UNESCO catro anos máis

RibeiraSacraXa
O tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, destaca o "esforzo e a ilusión de moita moita xente"
Xeoparque-Montañas-do-Courel-unión-concellos
18 sep 2024

Un ano máis, vense de renovar a tarxeta verde do Xeoparque Montañas do Courel, que indica que segue na rede mundial de Xeoparques da UNESCO.

O tenente de alcalde de Ribas de Sil, que conxuntamente cos concellos de Quiroga e o de Folgoso do Courel integran o Xeoparque, Roberto Castro, destaca o "esforzo e a ilusión de moita moita xente que non se ve pero que están aí loitando e pelexando por facer do noso territorio un lugar único no mundo".

Ademais, sostivo que continúan traballando "outros catro anos con forza e tenacidade a pesar das dificultades, que non son poucas", destacou.

0.14762187004089