O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xeorruta entre Ferreirós de Arriba e Seoane

RibeiraSacraXa
Será este sábado, 8 de novembro, coincidindo coa Festa da Castaña, e levará aos participantes a afondar sobre a extracción de ferro na zona
outono-xeoloxico-xeoparque
5 Nov 2025

O vindeiro sábado 8 de novembro de 2025, o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha nova actividade dentro do programa Outono Xeolóxico, cunha xeorruta centrada no ferro, que permitirá coñecer o proceso tradicional de extracción e transformación deste mineral na zona.

A ruta, titulada “Do ferro á ferrería”, desenvolverase entre Ferreirós de Arriba e Seoane, con visita á Ferrería Nova. O percorrido, duns 7 quilómetros, contará cun desnivel moderado (+210 m / -370 m) e incluirá paradas en lugares de interese como a antiga mina de ferro da Paradela, o meandro de Megoxe e unha louseira tradicional.

A saída do autobús será ás 9:00 horas desde a Casa da Cultura de Quiroga, aínda que tamén se poderá iniciar directamente en Ferreirós de Arriba ás 10:00 horas. A actividade, de balde, require inscrición previa e rematará arredor das 14:30 horas en Seoane, coincidindo coa celebración da Festa da Castaña.

Tras o remate da ruta, os participantes disporán de tempo libre para xantar antes do regreso, previsto para as 17:00 horas.

Recoméndase levar roupa e calzado de montaña, bastóns e protección para a chuvia, así como organizar con antelación o xantar. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou resolver dúbidas a través do correo
xeoparquemontanasdocourel@gmail.com ou chamando ao teléfono 982 43 51 25.

⚙ Configurar cookies
0.068946838378906